Alfredo
Erias Martínez naceu en Presedo, Abegondo
(A Coruña). É
doctor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela,
onde o 30 de xaneiro de 2014 presentou a tese doctoral, ICONOGRAFÍA DE LAS TRES IGLESIAS GÓTICAS DE
BETANZOS: San Francisco, Santa María do Azougue y Santiago,
recibindo, por unanimidade, a calificación de "Sobresaliente cum laude".
Esta obra viu a luz no Nadal de 2014-2015, sendo coeditada por Briga
Edicións e a Xunta de Galicia.
Desde o 30 de abril de 1983 ocupa en propiedade a praza
de ARQUIVEIRO - BIBLIOTECARIO do Concello de Betanzos e desde o 13
de xaneiro de 1984 é tamén director do
MUSEO DAS MARIÑAS e do
ANUARIO BRIGANTINO.
-Desde 1989 a 1992 foi COORDENADOR en nome da XUNTA DE GALICIA
para a ORGANIZACIÓN DE
ARQUIVOS MUNICIPAIS DAS PROVINCIAS DA CORUÑA,
LUGO E OURENSE, organizándose mediante bolseiros 52 arquivos
doutros tantos concellos (700 parroquias con 378.231 habitantes), o que
supón máis de 5 km. de estantería (5.145 m.) con
51.196 unidades de instalación. Os inventarios correspondentes están
na Consellería de Cultura e en cada concello.
É autor das webs do
ANUARIO BRIGANTINO e da
HEMEROTECA VIRTUAL DE BETANZOS, baseada esta no traballo conxunto co
seu compañeiro do Arquivo Municipal de Betanzos, Xosé Mª Veiga Ferreira.
-É autor de diversos libros e numerosos
traballos de investigación.
-É PINTOR, DEBUXANTE e GRAVADOR.
-Fundou no 1997, con Mª Teresa Garea, a editorial
Briga Edicións.
-Desde o 2008 e ata o 2012 foi coordenador xeral de
RESTAURO: Revista
Internacional del Patrimonio Histórico.