Evolución dos nomes das rúas nunha cidade antiga de Galicia: BETANZOS

ALFREDO ERIAS

{O Castro de Untia. Debuxo hipotético de Alfredo Erias}

I.- INTRODUCCIÓN

O traslado da poboación de Betanzos o Vello (na parroquia de Tiobre) ata a vila de Untia (esta á súa vez asentárase sobre o Castro do mesmo nome) tivo lugar a principios do s.XIII (documento de 1219 dado por Alfonso IX) “ad instantiam et petitionem habitatorum”(1). Inmediatamente se trazaron as novas rúas e se marcaron e distribuiron as “plaças” ou solares que debían ocupar os edificios nun primeiro recinto amurallado, aproveitando as defensas do castro (a croa e o primeiro antecastro), pronto desbordado pola Rúa Travesa e pola Rúa Nova (esta sobre o vello camiño que ía ó “Orreum”, citado no 1219). Así pois, había que facer outra cerca máis grande e a súa construcción data, moi probablemente, do s.XIV (tamén aproveitando parte das estructuras castrexas)(2), de tal maneira que cando rematou a Idade Media a cidade estaba plenamente configurada e aínda hoxe é unha das mellor conservadas de Galicia(3).

A necesidade de dar nome ás rúas, prazas, venelas, etc. foi respostada de diversas maneiras. Ás veces recollendo e perpetuando topónimos antigos, desde o nome do Castro que aínda hoxe queda na fonte que está ó pé del (a Fonte d’Unta) ata a Plaça do Castro na croa, a Rúa do Castro que sube á cima, ou a Rúa Travesa que segue un vello camiño castrexo enriba do segundo antecastro oriental.

E cando a nova vila crea realidades urbanísticas tamén novas, os betanceiros da época non se complican o máis mínimo e chaman ás cousas polo seu nome: Porta da Vila, Rúa Nova.

Outros nomes aluden a lugares públicos nos que se realizan actividades específicas: Campo da Feira, Azougue, Aira Vella...

Tamén hai alusións a edificios singulares, xa fosen públicos ou privados: Rúa da Pescadería, Rúa da Cortaduría, Rúa da Pastelería, Rúa do Alfolí...

Logo están os nomes que se refiren a grupos gremiais que se singularizan polas súas actividades económicas e sociais (cofradías relixiosas...): Rúa dos Ferreiros, Rúa dos Sombreireiros, Rúa dos Cregos, Rúa dos Prateiros, Rúa dos Ferradores, Rúa dos Armeiros, Rúa dos Cerraxeiros...

En definitiva, e coa excepción de Plaza Real que xa vemos no s.XVII, son todos nomes da vida e do traballo, que nacen da propia xente e das súas actividades, nomes que, ó tempo que singularizan un lugar, engaden unha información suplementaria do que alí se pode atopar. Non esquenzamos que Betanzos vive volcada nas súas feiras e mercados desde a súa orixe. Toda a cidade semella ser un gran recinto feiral con centros múltiples: o Campo, o Azougue(4), a Rúa e Praza do Castro...

O gran cambio na maneira de nomear os espacios públicos aparece coa Constitución de 1812. Chega con ela o réxime liberal a España e conseguintemente as eleccións e os partidos políticos. Neste contexto, as rúas e prazas máis emblemáticas recibirán novos nomes dos símbolos, herois, mártires ou ideais do partido dominante en cada etapa histórica. Nomes, en definitiva, que son utilizados como unha arma máis na loita política e que, correntemente (sobre todo nas primeiras décadas), se fixan ou se borran no medio de exaltadas manifestacións populares.

O que se quere poñer de manifesto neste traballo é o feito de que a análise dos nomes das rúas e prazas nunha cidade antiga, proporciónanos unha preciosa información da evolución social, económica e política. Betanzos, neste senso, non é máis que un exemplo prototípico.

 ALT=

II.- NOMES DA VIDA E DO TRABALLO

Aínda que xa temos documentados algúns nomes para a Baixa Idade Media, é no s.XVI e, sobre todo, no XVII cando os vemos fixados dun xeito máis completo, dada a esquilmada documentación con que se conta para eses primeiros séculos(5). Máis tarde, no Catasto de Ensenada (1751), atoparémolos outra vez confirmados, e así seguirán sen a penas cambios ata a chegada do réxime liberal, e mesmo se recuperarán en determinados períodos, no que se inclúe o tempo presente. Hai que ter en conta que a articulación urbanística da cidade realízase mediante sete barrios, dous deles intramuros case por completo (o da Rúa Nova e o de San Francisco), outros dous ó pé das murallas rematadas no s.XV (o Campo da Feira, polo sul, e A Ribeira, polo norte), un exterior próximo máis aló do río Mandeo (o da Ponte Vella), ligado ós camiños de acceso nororientais, e dous exteriores máis lonxanos: o da Magdalena, cun Hospital de Lazarados desde polo menos o s.XIV, e o das Cascas, nos dominios do mosteiro do mesmo nome, que data do s.XII. A súa realidade económica e social é peculiar en cada un deles. Pero do que se trata agora é de coñecer os vellos nomes desas rúas, prazas, venelas... tal como aparecen nos documentos e para iso non só se buscarán nos máis antigos, senon tamén nos que se conservan ben entrado o s.XIX:

-Abaxo, Calle de (1660, Calle de Avaxo de la Pescadería no 1751). É a actual (1995) Rúa da Marina, nome éste que data de finais do s.XIX.

-Aira Vieja (1819, Plazuela de la Aira Vieja no 1824). Hoxe: Praza de Enrique IV, antiga Eira Vella.

-Alfolí, Calle del (1660, 1751...). Abarcaba desde a Ponte Vella ata a Porta do Cristo. Permanecerá ata 1888 en que se funde na “C. de la Ribera” que chega ata hoxe, cando de novo se recupera o vello nome, no mesmo lugar(6).

-Almenas, Paseo das. Nome popular que se daba ó camiño que ía por riba da muralla da cidade entre a Porta da Vila e a zona que dá frente ó antigo Hospital da Anunciata (hoxe convento de monxas Agustinas Recoletas), onde aínda quedan as escaleiras monumentais polas que se baixaba á rúa.

-Armeros, Calle de los. Documéntase no 1671: “... una cassa sita en la calle que solían llamar de los armeros... que açe frente a la calle que ba desde la puentebiexa acia la pescadería por la calle de arriba la qual está por una parte su cassa... y por otra parte en la calle que baja de la rruatraviesa para la cerca y de allí a la puerta de payo fermoso y açe frente a la dicha muralla...”(7)

-Arón, Calle de. É un nome que se daba nos anos 80 do s.XIX a unha das travesías de cregos (a primeira ou a terceira).

-Arriba, Calle de (1660, Calle de Arriva de la Pescadería no 1751). É a actual Rúa da Ribeira entre a Porta do Cristo e a Ponte Nova.

-Atrio, Calle del (1824). Calle del Atrio de Santiago (1865). No 1803(8) documéntase a Calle 1ª del Atrio e tamén no 1836, xunto á Calle 2ª del Atrio, no barrio da Rúa Nova. Están perto do vello adro (cemiterio) da igrexa de Santiago. Deben ser a actual Rúa de Lanzós e a súa pequena travesía.

-Atrio de Santiago, Plazuela del (1866).

-Atrio de Santa María, Plazuela del (1866).

-Benela (2ª metade do s.XVII). Probablemente se refire á coñecida ata hai pouco como “1ª Travesía del Progreso”, desde 1888, e que en diferentes documentos do s.XIX, anteriores a esa data (1824 p.e.), atopamos como 1ª venela del Campo xunto á compañeira 2ª venela del Campo.

-Cachiñas, Calle de (1751). Forma parte hoxe da Rúa do Valdoncel, que daquela abarcaba unha extensión máis localizada. Calle de avajo de Cachiñas no 1824. No 1865 hai Cachiñas de arriba e Cachiñas de abajo, aludindo, probablemente ás dúas beiras da mesma rúa, unha moito máis alta que a outra desde a Porta do Hórreo ata a actual Avenida de Linares Rivas.

-Campo da Feira (s.XIII). Campo de San Roque (1736)(9). Plaza mayor del Campo de la Feria (1845). Actual Praza dos Irmáns García Naveira.

-Campo, 1ª e 2ª venelas (1865).

-Cano, Calle do (1670)(10). Como Calle del Caño de la Fuente vémola no 1865. -Cañota, Calle de la (1605(11), 1751, 1866). Hoxe, «rúa» do mesmo nome.

-Caraña, Calleja de (1824, 1865). No 1612 só figura como “calle que va para los pelamios”(12). Hoxe, Travesía de Caraña.

-Cárcel, Callejón de la (s. XIX). O que había paralelo polo Este á Rúa do Castro e hoxe perdido. Enlazaba co Paseo das Almenas, tamén tapiado hoxe e perdido en boa parte.

-Carnicería ou Carniçerías (1660...). Probablemente se refira á actual Rúa da Torre e á da Pescadería, nomes estes que se puxeron no 1888 e que sustitiron a C. de la Cortaduria, que permanecía no 1751.

-Carral, Calle del (1740(13), 1835). «Calle del Carral o 3ª de Clérigos» (1836). Actual Rúa do Cristo.

-Casa-vieja, Plaza de (1641(14), Casas Viejas no 1824). Plazuela de las Casas Viejas no 1865. Zona próxima á Porta do Hórreo.

-Castilla, Calle del camino de (1865).A actual carretera Nacional VI.

-Castro, Calle do (1604(15), 1658)(16). A actual «rúa» do mesmo nome que vai á Praza da Constitución.

-Castro, Plaça del (s.XV)(17). Plaza Real no 1642. Plaza (2ª metade do s.XVII)... É a actual Praza da Constitución.

-Cátedra de Latinidad, Callejón de la. “... el callejón conocido con el nombre del de la Cátedra de Latinidad dice a la calle de S. Francisco y Noas... [1836]”(18)

-Cerca, Calle de la (2ª metade do s.XVII). Mantense hoxe como «rúa».

-Cerrajeros, Calle de. Nun documento de 1631 aparece escrito “Calle de los Zerrageros”(19).

-Cortaduría, Calle de la (1751). As súas travesías son: 1ª, 2ª, 3ª e 4ª benelas de la Cortaduría (1824).

-Cortaduría, Plazuela de la (1824).

-Clérigos, Calle 1ª, 2ª e 3ª de (1824). Por esta orde, hoxe: 1ª venela dos clérigos, 2ª venela dos clérigos e Rúa do Cristo. -Cregos, Calle dos (2ª metade do s.XVII). Evidentemente debe tratarse da mesma que atopamos no Catastro de Ensenada (1751) co nome de C. de los Clérigos, que recupera hoxe esta versión despois de sustituir a Calle de Santa María.

-Cristo de la Rivera, Calle del (1853).

-Cruz Verde, Calle de la (1751).

-Cruz Verde, Calle de avajo de la (1824).

-Cruz Verde, Camino nuebo de la (1824).

-Curro, O. É un nome que pervive hoxe na xente da Ribeira e que vemos xa no 1689(20).

-Doña Mencía, Calle de. No 1599 atopamos: “... calle de los herreros que se diçe de Doña mesia...” Nembargantes no 1603 máis parece referirse á actual dos Prateiros(21) (mençia no 1605, mencía no 1621, Donamessia no 1630)(22).

-Ferrol, Camino nuebo del (1865). Calle del camino del Ferrol no 1866.

-Francia, Rúa de (s.XIII)(23). Alude ó camiño xacobeo e ós pelegríns franceses. Actual R. da Fonte de Unta e antigo (1219) vallem antiquam... (v. este nome)

-Fuente Dunta (1643). Fuente Unta no 1751. Calle que vaja al Fuentedeunta (1824). Antiga Rúa de Francia. C. de Monjas. Como Calle de la cuesta del Fuente de Unta aparece no 1866.

-Fuente de Unta, Calle de los soportales del (1866). No 1857 «Soportales de Noeses», acaso en relación con «noas» ou quizais mellor con zapateiros vidos de Noia... -Fuentedeunta, Calle y Caño del (1824).

-Fuentedeunta, Calle de sobre las Guertas del (1824).

-Herradores, Calle de los. É a dos soportais do Campo da Feira. Debe o seu nome ós ferradores que estaban instalados diante, á beira do Camiño de Castela. Así a vemos no 1652(24)...

-Herreros, Calle de los (1599, 1664(25), 1751...). É a mesma Rúa dos Ferreiros que chegou ata nós, aínda que nese tempo ía desde a Porta da Ponte Nova ata a cima da cidade, que no s.XV era a plaça del Castro e hoxe a Praza da Constitución.

-Horno, Plazuela del (1824). Plaza del Horno no 1865.

-Houro, Calle do. Documéntase no 1612: “... en la calle que dize do houro de esta çiudad que ba para la puente viexa della”(26). Segue ata 1888 como Calle del Oro. É a posterior 4ª travesía de la Rúa Traviesa. Hoxe recuperou o nome de Rúa do Ouro.

-Lagares, Calle de entre los (1657)(27).

-Moas, Calle das (1596(28), 1601 e 1602(29)). Como Calle das noas(30) vémola no 1633(31), 1668, 1680, 1751... É a que se coñece desde 1888 como C. de Cervantes e hoxe volve ser Noas. Na segunda metade do s.XVIII ou primeiros anos do XIX, a de Noas pasou a ser C. 1ª de Noas e a paralela polo Norte C. 2ª de Noas (a actual de Quiroga desde 1888).

-Monjas, Calle de (1824, 1865, 1866...).

-Muelle, Plazuela del (1855).

-Nueba, Rúa (1596(32), 1612(33), Ruanoba na 2ª metade do s.XVII). Hoxe recuperouse Rúa Nova. Esta rúa fíxose sobre a uiam que tendit ad Orreum (camiño anterior, polo tanto) que se cita no documento de traslación de Betanzos ó Castrum de Unctia, dado por Alfonso IX no 1219. A súa construcción supón unha ampliación da cidade quizais xa a finais do s.XIII ou no s.XIV. -Nuestra Señora del Camino, Calle de (1824, 1865). Mantense hoxe, en galego.

-Orreum (1219). Puerta del orro (1606, Puerta del horreo na 2ª metade do s.XVII, Puerta del Orrio no 1751). No 1751 e en boa parte do s.XIX atopamos C. de la Puerta del Hórreo e no 1888 aparece “C. del Hórreo”, referíndose á que vai, intramuros, desde a Porta da Ponte Nova ata a Porta do Hórreo.

-Pastel, Calle del (1824). Segue ata 1888 e pérdese logo, para recuperarse hoxe...

-Pastelería, Calle de la (1751, 1865). É a posterior 3ª travesía da Rúa Travesa. Segue ata 1888. Hoxe recuperouse o nome antigo.

-Pay Fremoso (1518), Payo Fermoso (1619)(34)... Payo Formoso (1865).

-Peirao, Calle del (1824). Peirayo no 1866.

-Peirayo, Plazuela 1ª del (1866).

-Peirayo, Plazuela 2ª del (1866).

-Pescadería (1643). Calle de Arriva de la Pescadería e Calle de Abaxo de la Pescadería no 1751. Son as Rúas da Ribeira e da Marina actuais.

-Pescadería, Plazuela de la (1866).

-Peso (1824).

-Picardel (s.XIX-XX). Onde se vendían os repolos, na confluencia entre a Rúa do Valdoncel e a Avda. de Linares Rivas.

-Pinche, Calle del (1824, 1865). Hoxe recuperouse...

-Plateros, Calle de los. Púxose entre 1751 e 1769 sustituindo a Calle de los Sombrereros, nome que se trasladaría. Hoxe permanece como Rúa dos Prateiros.

-Plaza, Calle de la (1751). É a antiga Calle del Castro que sube á cima da cidade.

-Puente Biexa (1643, C. del Puenteviejo no 1751).

-Puente Nueba (1643). Calle del Puentenuebo no 1751. “... la casa que abita, sitta en la Calle del Puente Nuebo y que por otro nombre se llama... calle de abajo de la pescadería...”(35). No 1866 distínguese entre Calle del Puente Nuevo de Arriba e Calle del Puente Nuevo de Abajo.

-Puente nuebo, Calleja del (1824).

-Puerta de la Villa (1575)(36). Puerta Real (1688)(37). Puerta de la ciudad (2ª metade do s.XVII). Puerta principal (1736)(38). É a Porta da Vila, expresión esta máis popular e previsiblemente a máis antiga, posto que Betanzos ten o título de cidade desde 1465(39) e desde 1219 ata esa data sería unha vila a tódolos efectos, como tamén era vila a de Untia que a precedeu no actual asentamento. Calle de la Puerta de la Ciudad no 1866.

-Puerta de la Villa de adentro, Calle de la (1751).

-Puerta de la Villa de afuera, Calle de la (1751).

-Real, Plaza (1642). A antiga do Castro...

-Rivera y Puente Nuevo, Calle de abajo de la (1824). Ribera de abajo (1865).

-Ribera de arriba (1865).

-Rollo(40) (1824). Rollo y Peso no 1865.

-Ruatraviesa, Manzana de la (1865).

-Rueda, Calejón de la. Curiosa traducción ó castelán no 1654(41) do calexón que di a xente.

-Ruedas, Calle 1ª de (1865).

-Ruedas, Calle 2ª de (1865).

-San Francisco, Rua de (1612(42), 1751...). Actualmente rescatouse tamén.

-Santa María, Calle de (1836, 1865).

-Sobre la Muralla, Calle de (1751, 1865). Antes e agora Rúa da Cerca.

-Sobre las Guertas de la Fuente (1865).

-Sombrereros, Calle de los (2ª metade do s.XVII, 1751). Sombrereros y Platería no 1739(43). Finalmente gañaron os prateiros e entre 1751 e 1769 o nome de “Sonbrereros” trasladouse á segunda travesía da Rúa Travesa (no 1812 aparece como Callejón del Sombrerero)(44) e no seu lugar púxose C. de los Plateros que hoxe se recuperou co matiz de Rúa dos Prateiros.

-Soportales de la Fuente (1865).

-Soportales de Noeses (1857). Son os que flanquean polo sul a Rúa da Fonte de Unta.

-Tecelanas, Calle de las (1739)(45).

-Travesa, Rúa (s.XII(46), 1467, Ruatraviesa no 1751). Este nome, máis antigo probablemente que a propia cidade, recuperouse nos nosos días.

-Valdoncel. Baldonzel no 1603(47) e Balledoncel no 1675(48). Bandoncel no 1751. Hoxe permanece Valdoncel.

-Vallem antiquam (1219)(49). Pode traducirse como camiño fondo e vello e é a rúa que sube desde a Ponte Vella (no 1219, Pontem de Unctia) ata o Campo. Tamén se chamou xa no s.XIII Rúa de Francia e despois (e hoxe) Calle (ou Rúa) da Fonte de Unta, con épocas en que foi Calle de las Monjas, toda ou só a parte de abaixo, a que pasa por diante do antigo Hospital da Anunciata (do s.XVI), desde finais do s.XVII convento de agustinas recoletas. Este camiño ancestral corre por un corte fondo no terreo que as xentes que construiron o castro fixeron para illalo e defendelo así mellor, tal como era costume facer cos castros costeiros, posto que polo resto estaba aquí rodeado polos ríos Mendo e Mandeo. O corte é moi claro polo sul (a costa da Fonte d’Unta, tamén coñecida polos carreteiros como costa do Cristo, sobre a que contan contos sobre as dificultades que pasaban ó subila e baixala cos bois).

-Veiga, Calle de la (1824, 1865).

-Verdura, Plaza de la (1865)

-Viudas, Acera de las. Nome popular de mediados do s.XIX ou posterior no Campo da Feira, desde o Edificio Arquivo ás escaleiras de Santo Domingo. Tamén parece que recibiron este nome as radiais que ían desde a antedita á Fonte de Diana. É un nome en desuso, pero aínda se lembra.

III.- NOMES DAS IDEAS

De 1812 á chegada das tropas de Angulema (1823)

O 16 de xullo de 1812 publicouse en Betanzos a “Constitución Política de la Monarquía Española” e o domingo 19 xurouse. Debeu ser case inmediatamente cando se puxo o nome de Plaza de la Constitución á antiga Plaça del Castro, por ese tempo la Plaza, a máis alta da cidade, a que da frente ó Concello.

Nin que dicir ten que as cousas cambiaron co regreso de Fernando VII do seu “cautiverio” en Francia. O 24 de marzo de 1814 entra en territorio español e desde ese tempo sucédense entusiásticas manifestacións en toda España.

O Concello de Betanzos envía ó Rei un caluroso escrito de adhesión o 20 de maio dese ano, abominando dos tempos constitucionais. Nel dise, entre outras cousas:

“... Después de haberse borrado en la tarde del día 17 del corriente la lápida de la despreciable Constitución, al anochecer de ese memorable día corrieron con la rapidez del rayo á esta Real Casa Consistorial, donde se dispuso sacar el retrato de V. M... Esta procesión de vuestros fieles y leales vasallos, se dirigió particularmente á los parajes adonde les habían obligado los tiempos desgraciados á publicar dicha Constitución, en los que se quemaron con el mayor júbilo y alegría muchísimos ejemplares de ella, retirándose en seguida vuestro real retrato á esta Casa Consistorial con toda pompa y aparato referido; que se presentó al público el día siguiente 18 en su fachada con toda grandeza, magnificencia y decoración que fué posible, escoltándole la misma compañía de granaderos. En seguida se procedió á fijar la inscripción de Plaza Real de Fernando VII en el lugar donde se había mandado poner la de la Constitución ya borrada...”(50)

Os cambios máis ou menos violentos dos nomes das rúas e prazas de Betanzos non fixeran máis que empezar. Agora o ritmo, sobre todo para aqueles espacios públicos máis emblemáticos, estará marcado polas confrontacións políticas.

***

O 21 de febreiro de 1820 foi proclamada de novo a Constitucion de Cádiz na Coruña e iso supuxo que se excarcelara en Betanzos a viuva de Porlier que foi trasladada victoriosamente á cidade herculina, ó tempo que se proclamaba Presidente da “Junta Suprema de Galicia” a Don Pedro de Agar y Bustillo, ex-rexente, ata daquela confinado en Betanzos por orde de Fernando VII. O día 22 Agar entrou triunfalmente na Coruña, mentres no mesmo carruaxe ía detido o correxidor de Betanzos, Don Manuel Bernardino Pérez, que sería asasinado en Madrid o 8 de maio de 1823(51).

As inscripcións fixáronse rapidamente nas rúas e prazas principais. Os símbolos heroicos do momento serán: Quiroga, Lacy, Porlier, Acebedo e Agar.

Non pasaría moito tempo, nembargantes, sen que os absolutistas se deixaran ver a través dun atentado precisamente contra esas inscripcións. O feito ocorreu a noite do domingo 17 de decembro de 1820 cando uns “delinquentes” “enlodaron” e borraron as inscripcións sobre “azulejos” que se puxeran ó principio das rúas de Quiroga (antes, “Calle de la Plaza”), Lacy (antes “Calle de los Herreros”), Porlier (“antigua calle de Cachiñas”(52)) e Acebedo («antes titulada la Ruatrabiesa»). Non se di nada do Campo de Agar (o vello Campo da Feira) nin da Plaza de la Constitución.

Inmediatamente se incoou unha causa criminal no “Juzgado de Milicias de Betanzos” en contra dos cabos e soldados do Rexemento Provincial, Victoriano Leira (cabo 1º), Fernando Nobo (soldado) e Antonio Vigo (cabo 2º), ós que se acusou do feito(53).

O primeiro testigo non aclara nada do ocorrido, pero en cambio documéntanos magníficamente como era unha farra de domingo polas rúas betanceiras, indo a pandilla de taberna en taberna, onde corría o viño para acompañar o abadexo guisado, mentres soaban as bihuelas ou guitarras.

“En la expresada ciudad de Betanzos a 18 días del mes de diciembre de 1820 ... Santiago Abad vecino de ella ... Depone que entre ocho o ocho y quarto de la noche del día de aier salieron a dibertirse tocando una bihuela el declarante, Juan Costa el menor, Juan Perez, Mateo de Lar y Antonio Vazquez, tomaron la antigua Calle de los Herreros [agora Lacy] siguiendo las de San Francisco, Ribera, Sobre la Muralla, rematando bajo el techado que hay frente a la Carnizería, separandose todos siendo las nuebe de la noche poco mas o menos; pero como aun fuere temprano, el Juan Costa y el declarante, sin guitarra alguna por haverselas llebado ya Lara y Perez, se fueron a beber a la taberna de Juana Pallares, luego que entraron se pusieron a comer un poco abadejo guisado y beber vino, pasarían dos o tres quartos de ora quando llegaron José Perez Cacheiro, Domingo San Pedro, Antonio Miranda, Benito Yglesias, Vicente Pita, Blas Fernandez, Blas Gonzalez, Francisco Osorio, Jose Paz, un hijo de un tal Gomez, los quales se pusieron a comer dentro de dicha taberna escepto Miranda y el San Pedro que se agregaron al declarante y Costa. Siendo entre una o dos de la noche salieron todos de la espresada taberna sin saber la direcion del Cacheiro y sus compañeros por quanto los tres que comieron con el declarante acompañaron a Miranda a su casa, tomando por ello el camino de Cachiñas [tamén chamado Valdoncel, agora Porlier] subiendo a la Puerta del orrio hasta que aquel se recogio, despues pasaron a la del Domingo San Pedro que la tiene junto a la Parroquia de Santa María, el deponente se quedó en la Ruatrabiesa en la de su padre, y el Costa siguió para la suia del varrio de la Cruz berde [lugar dos Xudeos], sin que se sepa, biese ni tenga noticia que los señalados ni ninguno de ellos hubiesen enlodado los rotulos de las calles como aparecieron en esta mañana, ni despues que el declarante se retiró oyo pandilla ni ynstrumento musico alguno, bien que cuando estaba con el Juan Costa en la taberna de la Juana Pallares sintieron tocar una guitarra en los Subportales del Puentenuebo y que con ella andaban Damaso Lousa, Vicente Cainzos, Baltasar Fernandez y Fernando Nobo, este cantando, pero no puede decir qual de ellos tocaba, a quienes al tiempo de entrar en la taberna conocieran el declarante y compañero por haberlos allado en los mismos Subportales, de donde se separaron, y bolbieron para la misma situacion, como lo percibió el que espone por haber salido a obserbar quien era el que cantaba, pero no les ha vista hacer daño, ni sabe hubiesen cometido el atentado de borrar los espresados rotulos. Siendo lo que puede declarar en el particular y la verdad en que se ratifica, es de hedad de veinte años...”(54)

Outro deses protagonistas do domingo, Baltasar Fernández, engade que

“... pasando por la Ribera hallaron a Fernando Nobo, un tal Vigo, soldados del Provincial de esta ciudad y al cabo del mismo Vitoriano Leira, quienes como por fuerza se juntaron a los quatro espresados para que con ellos fuesen tocando, asi lo verificaron por ebitar la quimera que preparaban, bolbiendose por la misma calle a los Subportales del Puente nuebo en donde el declarante se separo de los sobredichos con su bihuela recogiendose en casa de los padres, siendo las doce de la noche sin que hiciese ni hubiese visto hacer daño a nadie ni aun hablar la menor espresion sobre borrar los rotulos como aparecieron en esta mañana sin embargo de que el Nobo y Vigo llebaba cada uno de ellos su sable y a qual el suio desbainado...”(55)

Deste xeito, quedaban as sospeitas sobre os militares ó supoñerse que poideron borrar os rótulos coa punta dos sables. Isto unido a que andaban pola cidade fóra de hora propiciou que fosen acusados do feito, pero eles negárono todo e semella que os razoamentos no seu favor do promotor fiscal, Antonio Abila de Alén, “cabo primero, graduado de sargento del Regimiento Provincial”, tiveron éxito:

“... Aun cuando se quiera, por un momento, decir que se borraron los rotulos de los Ylustres Generales Porlier, Laci, Acebedo y Quiroga, en la noche del 17 de Diciembre del año pasado y que el echo ha sido notorio en el Pueblo, no por eso se infiere que los tratados reos han cometido tan indecente y torpe crimen. Basta que sean soldados del baliente Regimiento de Betanzos y suditos de V.S. para que no se presuma de ellos, sin un pleno convencimiento tan fea maldad. Ningun testigo se atrebió a sospecharla; ni podía ser de otra manera porque no hay un Regimiento mas afecto á las nuebas instituciones ni soldados que mas se glorien del brillo y la Gloria de los Generales Heroes, cuios nombres honran nuestras calles y cuias virtudes civicas imbidian las demas Naciones. V.S. es buen testigo del honor de todos sus subditos y de su modo de pensar, y los cabos Leira, Nobo y Vigo, jamas fueron sindicados de desafectos á la Sacrosanta causa de la Libertad, despues que sus ylustres Gefes les han instruhido de las ventajas y aumento de Honrras y distinciones que proporciona el merito y buenos servicios la Constitucion Politica de la Monarquia...”(56)

Así presentadas as cousas, xa non se trataba de xulgar a uns “delinquentes”, senon ó propio Rexemento. Polo tanto, o promotor fiscal (a acusación, curiosamente un compañeiro dos propios acusados) só deixou no aire a súa posible falta de disciplina horaria, que, en todo caso, debía ser castigada polos seus xefes.

Nin que dicir ten que se isto dicía o fiscal, pouco lle quedaba que engadir ó defensor, Baltasar Cándico Golpe, quen pediu a súa total absolución libre de costas

É evidente que a estas alturas (o último documento é do 27 de outubro de 1821) ó Rexemento non lle interesaba estar manchado nun acto destas características (ó Concello tampouco lle conviña abrir ese frente). Os tempos eran favorables ós constitucionalistas e a eles había que apuntarse por agora.

***

A mañá do 14 de xullo de 1823 entraron na cidade as tropas de Angulema, dando remate ó Trienio Constitucional. Inmediatamente os absolutistas borraron as tres inscripcións da fachada do Concello. Nunha delas líase “Plaza de la Constitución”, mentres que as outras, que a flanqueaban, estaban adicadas ós “infames Quiroga y Agar”. Serán sustituidas por “tres escudos con sus coronas y mas adresos correspondientes, el uno con las Armas de este Reino de Galicia, el otro con la inscripción de Plaza Real, y el otro con las armas de esta M. N. Ciudad”. Por suposto, desapareceron tamén os demais nomes do Trienio, volvéndose ós tradicionais.

O retorno ós nomes antigos

Serán estes nomes tradicionais os que se perpetúen por moito tempo, coa única excepción de “Plaza de la Constitución” que volverá pronto a poñerse, debido a que España, salvo excepcións, xa non abandonará o sistema constitucional a partir da Constitución de 1837, sistema que mesmo en épocas de dictadura se copiará dalgunha maneira na percura dunha lexitimación. Así teremos as constitucións de 1845, a non promulgada de 1856, a de 1869, o proxecto de Constitución federal de 1873, a de 1876, os proxectos constitucionais da Dictadura de Primo de Rivera, a republicana de 1931, a paréntese franquista coa Ley de Principios del Movimiento Nacional e, por último, a actual de 1978. O “Padrón de Almas” de 1865 (AMB) confírma esta idea do retorno ós vellos nomes.

Dúas reformas “progresistas”: do intento de 1868 ó levado a cabo no 1888

O proxecto de cambio de nomes das “Calles y Lugares” que asina o Alcalde Constitucional, Don José María García y Verea o 26 de febreiro de 1868(57) é, sen dúbida algunha, o máis revolucionario que coñezo, por extensión e por sistemático. Evidentemente temos que pensar que o Alcalde e o grupo gobernante da cidade pertencían ou eran simpatizantes do partido progresista, do que fora cabeza Espartero, agora un mito vivente, e que neste momento estaba presidido por Prim. E digo isto porque a figura de Espartero será a que centralice boa parte deste proxecto.

Non se levará a cabo, nembargantes, quizais polos cambios na política local que suporía a “Gloriosa Revolución de Septiembre”, pero vale a pena botarlle un vistazo.

Na casilla dos novos nomes que se propoñen hai uns escritos a pluma e outros a lápiz correxindo por enriba ós primeiros. É probable que os escritos a lápiz sexan moi posteriores, e desde logo un precedente ou mesmo un borrador da reforma exitosa de 1888, coa que coincide moitas veces. Transcribo os nomes que existían en letra normal, as propostas de 1868 en negrita, e as correccións posteriores en cursiva e entre paréntese:

-Plaza de la Constitución // Plaza de la Constitución.

-Plaza // Calle Mayor (Comercio). O nome de “C. de la Plaza” será o que na realidade permaneza ata que se lle poña “C. de Sánchez Bregua” (xeneral coruñés, 1818-1897) no 1888.

-Herreros // Calle de Lepanto (Roldán). Parece Lepanto (célebre batalla de 1571 entre a “Liga Santa” e os turcos) unha concesión ó militarismo da época, nun momento de exaltación dos herois da Guerra de África, caso de Prim. Pero nin este nome nin o de Roldán se afianzarán neste momento. Roldán, personaxe local(58), será un dos nomes de 1888 e aínda hoxe pervive na parte superior desa rúa, entre as actuais Praza da Constitución e a Rúa da Pescadería.

-Ruatrabiesa // Ruatrabiesa.

-Plazuela del horno y Ruanueba // Ruanueba.

-Plateros y puerta de la Ciudad // Calle de Luchana (Plateros). Luchana non tivo éxito e “Plateros” seguio subsistindo ata 1888 en que se sustitúe por “C. de Méndez Núñez”. O nome de Luchana (hai ese nome nunha rúa da Coruña, noutra en Madrid e en moitas máis cidades españolas) era, sen dúbida, un homenaxe ó xeneral Baldomero Espartero nun momento en que xa estaba retirado da política, pero seguía tendo unha gran popularidade e autoridade moral. Tanto é así que logo do destronamento de Isabel II en setembro dese ano (1868), Prim propúxoo como Rei de España, pero el rechazou selo, pretextando os seus moitos anos. No pasado un dos seus éxitos máis celebrados fora a batalla de Luchana (lugar próximo a Bilbao) que tivo durante a primeira guerra carlista. Nela Espartero, que era xeneral en xefe do exército do Norte, logrou derrotar ós carlistas mandados por Eguía e levantar así o sitio de Bilbao (24-XII-1836). A raíña rexente, María Cristina, concedeulle o título de “Conde de Luchana”.

-Ribera de arriba, Plazuela del Alfolí, Payo Formoso y Muelle // Calle de la Ribera.

-Ribera de abajo, Plazuela 1ª y 2ª del Peirao, 2ª, 3ª y 4ª de Ruedas // Calle de la Marina.

-Calle de abajo del Puentenuebo // Plazuela del Peirao (Plazuela de Mauregato). O nome de Mauregato, que nunca se poñería, estaba directamente ligado co mito das cen doncelas e a crenza (basada unicamente en relatos literarios de tipo romántico) de que éstas eran levadas cautivas polos musulmáns en barcos que atracaban nesa zona do río.

-1ª de Ruedas // Travesía de Ruedas.

-Plazuela de la aira vieja // Plazuela de Trafalgar (de Enrique III). Ningún dos dous nomes propostos tiveron nunca efectividade oficial. O primeiro caso é outro exemplo de militarismo heroico tan querido polos románticos, no que alude á batalla naval de Trafalgar (21-X-1805) na que a armada británica mandada por Nelson (que morrería aquí) derrotou á flota franco-española. Pero chama a atención o de Enrique III que por algún erro se debeu considerar especialmente relacionado con Betanzos e sería no 1888 cando se oficializa o de Enrique IV nese mesmo lugar, a quen a cidade lle debe o título de tal (1465).

-Veiga y calleja de los Lagares // Calle de la Vega (del Mandeo). No 1888 sí se poñería Mandeo e aínda hoxe pervive.

-Calleja de Caraña // Travesía de Caraña. -Nuestra Señora del Camino y Porqueriza // Calle del Camino (Cementerio). Non tivo éxito ningunha das dúas propostas agora, pero no 1888 si se oficializou “Calle del Cementerio”.

-Camino del Ferrol y parte de la calle de Nuestra Señora // Calle de Zaragoza (Meneses). No 1888 poñeríase “C. de Saavedra Meneses”, político de Pontedeume gran impulsor do ferrocarril Betanzos-Ferrol. Este nome pervive hoxe.

-Cuesta de la Fuente deunta y Monjas // Calle de Bailen (las Monjas). Bailén, outra gran batalla, esta vez da Guerra da Independencia. “Monjas” (xa había este nome no 1824) retomaríase pronto e volvería a fixarse no 1888. -Fuente de unta, Soportales del Fuente de unta y caño de la Fuentedeunta // Plazuela de la Fuentedeunta.

-Sobre las huertas del Fuente de unta // Calle de sobre las huertas.

-Cruz verde y pasillo de la Cruz verde al camino de Castilla // Calle de la Cruz verde.

-Camino de Castilla // Calle de Castilla. Como “Camino de Castilla” verémola no 1888.

-Plazuela de Cachiñas // Plazuela del Baldoncel (Valdoncel).

-Cachiñas de arriba, cachiñas de abajo y Puentenuebo // Calle de Quiroga. Tamén haberá que esperar a 1888 para que Quiroga se afiance e chegue ata nós, pero sobre a Rúa 2ª de Noas.

-Puentenuebo de abajo // Plazuela del Puentenuebo (de las Galeras). “Galeras” ou Galera afianzarase ata hoxe posteriormente a 1888. O máis probable é que sexa outra referencia ó drama e á historia romántica en relación co suposto tributo das cen doncelas: “pues allí se supone venían las naves ó galeras del tiempo de Mauregato y sucesores a buscar las doncellas que al Califa de Córdoba entregaban”(59).

-1ª de Noas // Calle de Cerbantes. Esta proposta farase realidade na reforma de 1888.

-2ª de Noas y pasillo de esta a la 1ª // Calle de la Victoria. Era outro intento máis de homenaxear a Espartero, quen dentro do contexto da primeira guerra carlista e logo da batalla de Luchana, defendeu Madrid con éxito (1837) e posteriormente fomentou as disensións entre os propios carlistas ata emprender conversacións de paz con Maroto. A culminación das mesmas no “abrazo de Vergara” (31-VIII-1839) supuxo un gran triunfo, tanto militar como político, para Espartero, e a Raíña rexente concedeulle por iso o título de “Duque de la Victoria”.

-San Francisco // Calle de San Francisco.

-1ª de Clerigos // Calle de Vilbao. Un homenaxe máis dos progresistas locais a Espartero en lembraza da batalla de Luchana (1836), pola que se liberara Bilbao.

-2ª de Clerigos // Calle de Colón.

-3ª de Clerigos // Calle de Pizarro. Tanto éste coma Colón podían considerarse como prototipos do heroi romántico dos tempos pasados.

-Plazuela y calle de Santa María // Calle de Santa María.

-Sobre la Muralla // Calle de la Muralla. (Pardiñas)

-Pinche // Travesía del Pinche (1ª travesía de la Ruatraviesa).

-Calle del Oro // Travesía del Oro (2ª travesía de la Ruatraviesa).

-Pastelería // Travesía de Pardiñas (3ª travesía de la Ruatraviesa).

-Sombrereros // Travesía del Salto (4ª travesía de la Ruatraviesa). A fría numeración de todas estas travesías darase na reforma de 1888 e chega ata hoxe cando se recuperaron os nomes antigos.

-Manzana de la Ruatrabiesa // Manzana de Numancia. Outro feito histórico que gustaba ós románticos afeccionados ó melodrama.

-Pescadería // Calle de la Cruz. Pode tratarse dunha alusión ás igrexas próximas.

-Calle principal de la Cortaduría y calle de la verdura // Plazuela de Santiago.

-Cortaduría y ángulo 1º de la Cortaduría // Calle del Callao. Inevitable alusión a un feito recente que entusiasmou a España: o bombardeo do forte peruano de El Callao o 2 de maio de 1866 por parte de Méndez Núñez.

-2ª venela de la Cortaduría // Venela de la Estrella.

-3ª venela de la Cortaduría, Plazuela y calle de las Casas viejas // Travesía de Tetuán. Tetuán é unha alusión á batalla dese nome, dentro do contexto victorioso da guerra de África, da que foi gran heroi o xeneral Juan Prim. Nesa cidade entrou o exército español o 1-II-1860.

-4ª venela de la Cortaduría // Venela de la Cortaduría.

-Puerta del Hórreo y 1ª venela de la Cortaduría // Calle del Hórreo.

-Calle y Plazuela del Atrio // Plazuela del Atrio.

-Campo de la Feria // Plaza del Progreso. O nome de “Progreso” non se afianzou tampouco (haberá que esperar a 1888 para que atopemos unhas travesías “del Progreso” nas antigas 1ª e 2ª “venelas del Campo”), pero o feito de que apareza agora hai que poñelo en relación, unha vez máis, probablemente, coa simpatía por Espartero, símbolo máximo do partido progresista.

-1ª venela del Campo // Travesía de Diana. Alusión á Fonte de Diana da Praza do Campo.

-2ª venela del Campo // Travesía del Campo. A sustitución da verba ‘venela’ por ‘travesía’ ten unha intención clara de modernidade en alusión ás grandes urbes.

-Rollo y Peso // Calle del Rollo.

Ningún destes cambios se levaría a cabo, certamente, pero o seu espírito foi recollido no 1888, sendo Alcalde Don César Sánchez San Martín, que realizaría na práctica a reforma do “nomenclátor” máis revolucionaria da historia da cidade(60). Poucos foron os nomes tradicionais que se salvaron. En liña cos “ensanches” imperantes (destrucción da Porta da Vila no 1872, dos Soportais da Rúa do Castro nos anos 1870-80, etc.), tratábase de borrar os elementos que facían de Betanzos unha cidade antiga, para convertila en “moderna”, na vía do “progreso”. Así, desaparecerán os nomes das travesías da Rúa Travesa para quedar en meros números como se dunha gran cidade americana se tratase. E puxéronse moitos nomes de persoas, xa fosen benefactores antigos, símbolos do progreso doutros tempos (Díaz de Lemos, Sánchez de Taibo...), políticos da época (Saavedra Meneses, ligado ó ferrocarril), militares antigos e modernos de aire romántico (Lanzós, Quiroga, Sánchez Bregua, Méndez Núñez, Pardiñas, Roldán, Cassola) ou literatos consagrados (Cervantes). E, naturalmente, non podían faltar as travesías do Progreso, idea esta que sintetiza o espírito desta reforma...(61)

Máis adiante aínda veremos algún engadido a este conxunto como a Avenida de Linares Rivas, que xa existía no 1897, adicada ós dous irmáns, Aureliano e Maximiliano, políticos relacionados coa construcción do ferrocarril Betanzos-Ferrol, que se inaugurará o 5 de maio de 1913(62). E tamén a Plaza de Arines (desde 1897), aplicada á anterior de Cassola e tradicional Campo da Feira, logo da morte do notario e xefe do partido conservador D. Juan Arines Montenegro.

O pagamento de gratitude ós indianos benefactores

O 11 de xuño de 1912, sendo Alcalde Don César Sánchez Díaz, acordouse no Concello “que a una de las calles de esta Ciudad se le dé el nombre de Jesús García Naveira y, para evitar los inconvenientes que trae consigo el andar cambiando los nombres a las calles que ya proceden de antiguo, la más adecuada para tal objeto es la que partiendo de la plaza de Arines va a las Cascas, que se denominará Avenida de Jesús García Naveira...”(63)

Este nome púxose despois do impacto que supuxo na cidade a morte por accidente en Buenos Aires de Don Jesús García Naveira o 24 de marzo dese ano de 1912. El era, xunto a seu irmán Don Juan, un dos indianos que máis fixeran polas clases humildes de Betanzos: Lavadeiro Público Gratuito das Cascas (1901); o Patronato Benéfico-Docente “García Hermanos” (1908, escolas e asilo)... Pero é que ademais, Don Jesús, no seu testamento de 1911, deixou 11 legados a Betanzos por valor de 1.224.000 pts., entre eles un para fundar as Escolas Municipais “Jesús García Naveira” e outro para a construcción da “Casa del Pueblo”.(64)

Pero o nome desa rúa deixaba pendente un agradecemento similar para o outro irmán, Don Juan, home que viviría en Betanzos na súa casa dos soportais do Campo (construida nos últimos anos do s.XIX en estilo segundo imperio francés) ata a súa morte no 1933. Esa debe ser a razón pola que arredor de 1920 se sustituira o nome de Plaza de Arines (a do Campo) por Plaza de los Hermanos García Naveira. Non hai que esquencer que a Don Juan se deben, ademais das fundacións comúns con seu irmán, outras como: “El Pasatiempo” (1893...); un segundo lavadeiro público (1912) nas Cascas; o “Refugio para niñas anormales físicas” (1923); o Sanatorio San Miguel (1930)...

Outro caso semellante foi o de Don Gonzalo González y González (1874-1952), betanceiro que tamén faría fortuna en Cuba, onde tiña dúas fábricas de azulexos e dúas ferreterías, nas que axudou a moitos outros emigrantes galegos que alí foron. De volta en Betanzos donou 2.000 pares de zocos con calcetíns (o calzado popular da época) ós pobres e, sobre todo, pavimentou con lousas de cantería a rúa de San Francisco. Por esa razón, no 1923, o Concello decide poñerlle o seu nome á rúa, pero ó non permitilo o interesado, poñerá o da súa dona, recentemente falecida. Deste xeito a Calle de Ana González chegará ata 1981 cando se volve ó nome antigo.

Nembargantes, non todo o mundo parecía estar conforme co cambio dos nomes antigos polos dos novos ricos por máis benefactores que fosen e desde algúns sectores políticos da vella burguesía (particularmente D. Agustín García Sánchez) houbo protestas na prensa, o que fixo que Don Gonzalo González, o mesmo día da entrega da rúa (27 de febreiro de 1923), publicase un ostentoso impreso co seu discurso no que se xustifica e contraataca. Vexamos algúns parágrafos:

“... Un prestigioso jefe político, que lleva cinco o seis lustros rigiendo los destinos de esta ciudad; un ”leader“ tan representativo que, puede asegurarse, es la expresión de la opinión pública en el Distrito, ha censurado en la prensa y bajo su firma, por retardatario, poco culto e ilegal el cambio de los nombres seculares de las calles y plazas.

Yo ya sé que la censura iba enderezada a los enemigos políticos sin percatarse de que se ponía en la picota a quien no había dado el menor motivo para ello.

Pero por lo mismo; no creyendo justo quedar en entredicho, hago constar que cuando los concejales en pleno, incluso los que militan a las órdenes del citado jefe, fueron a darme cuenta y pedir mi consentimiento para que la calle de San Francisco llevase mi nombre, me negué rotundamente, declinando tan inmerecido honor, si bien no me creí autorizado para oponerme, cuando -en un rasgo de delicadeza que jamás les agradeceré bastante- decidieron dar, a la calle, el nombre de mi finada esposa, doña Águeda González.

Y en este estado se hallaban las cosas. Pero enterado de las censuras de que dicho cambio de nombre ha sido objeto, participé al señor Alcalde mi decidido propósito de renunciar en cuanto en mi mano estuviese, aquella distinción, y relevar como relevé a la Ilustre Corporación municipal de su compromiso, si tal podía llamarse...

Yo no puedo, ni puede nadie creer que el que se lamente de ser quizá responsable de que Betanzos esté convertido en una necrópolis y siente la amargura de que en Sada no se recuerde ya a un ilustre benefactor de aquella hermosa villa, censure, líneas más abajo que un nombre, que todos los hijos bien nacidos de Betanzos debemos llevar indeleblemente impreso en el corazón y en la memoria -el de García Naveira- haya venido a sustituir al de la plaza del Campo... de Cassola... de Arines... ¿Cuál es el ”secular“? ¿No habrá intervenido el censor en alguno de esos cambios, que, así de momento, recuerdo?...”(65)

Sexa como fose, a Calle de Ana González será oficial desde ese ano ata 1981, cando se retoma o tradicional de San Francisco.

A ‘canonización’ frustrada dun vello líder liberal

Xa na época do Alcalde Don Calixto Leis Ponte (1906-1912) se fixeran xestións para que o Estado devolvera ó Concello o terreo chamado Xuncal de Cortadores, ocupado con motivo das obras do ferrocarril Betanzos-Ferrol e a desviación do canle da ría. Reenchidos máis de 50 cm. sobre o nivel das mareas “quedaron en inmejorables condiciones de fertilidad” acordándose convertilo en “parque, para recreo y esparcimiento público, puesto que carecemos en absoluto hasta de un mal jardín”. Fixera o plano D. Francisco Javier Martínez Santiso e mesmo se empezaran a plantar árbores, pero posteriormente abandonouse a idea, convertíndose en pasto e campo de instrucción dun escuadrón de caballería.

Será o concelleiro D. Laureano Pérez Vales quen intente, en febreiro de 1923, resucitar a idea do parque e para logralo propón se lle dea o nome do vello xefe dos liberais de Betanzos, o avogado Don Agustín García Sánchez, “como humilde homenaje por lo mucho que este pueblo debe a su tan exclarecido hijo. No hablo de colocar una lápida con su nombre en él porque mas bien debiera erigírsele una estatua por suscripción pública”(66)

O proxecto foi aprobado o 26 de abril dese ano, coa condición de que non custase nada ó Concello e non se cortasen as árbores que alí había. Nembargantes, nin se fixo o parque nin se puxo o nome previsto, posto que as funcións deste Concello, presidido por Don Domingo Etcheverría Naveira, quedaron suspendidas o 1 de outubro dese 1923 por parte do Directorio Militar de Primo de Rivera.

Unha proposta socialista non aceptada no 1926: Pablo Iglesias Posse e Ramón Franco Baamonde

A proposta, en forma de instancia datada o 14 de marzo de 1926, está asinada por Bernardo Miño Abelenda e Ramón Beade Méndez, como presidente e secretario da Federación Agraria do partido xudicial de Betanzos(67).

O nome de Ramón Franco para sustituir ó da Rúa Nova era unha cuestión puramente conxuntural, porque fora neste mesmo ano cando fixera a primeira travesía do Atlántico sur en hidroavión, o “Plus Ultra”, desde Palos de Moguer a Bos Aires(68). Iso deulle unha enorme popularidade, convertíndose nun heroi nacional reivindicado por todos. Precisamente, ese mesmo ano a publicación local Revista Núñez, no seu nº 2, fará unha ostentosa homenaxe a Franco e ós seus compañeiros do Plus Ultra.

Dá a imprensión, nembargantes, que a proposta de Ramón Franco é unha maneira de suavizar a verdadeira intención: poñer o nome de Pablo Iglesias á Rúa Travesa, unha das máis emblemáticas de Betanzos(69), aproveitándose da casualidade de que os dous eran ferroláns e de que na Rúa Travesa estaba a “Casa del Pueblo”. Ademais esta proposta ía en primeiro lugar e desde logo ocupaba a maior parte da instancia.

Na conxuntura política do momento semella esta unha provocación perigosa. Hai que ter en conta que estamos en plena Dictadura do xeneral Primo de Rivera (desde o golpe de estado militar do 13-IX-1923 ó 28 de xaneiro de 1930 en que dimite) e nela só existe unha especie de partido político: a “Unión Patriótica”. Os demais están prohibidos e perseguidos e as libertades democráticas suprimidas: censura de prensa, represión do movemento obreiro, peche do congreso e da cámara, etc. Pois ben, a pesares de todo iso, aquí temos a estes relevantes socialistas co seu abandeirado Pablo Iglesias ó frente, que morrera o ano anterior.

“Los que suscriben, en representacion de las entidades agropecuarias afiliadas a esta Federación y por acuerdo adoptado con fecha de hoy por el Comité de la misma, creyendo interpretar los deseos de la clase trabajadora brigantina, a la Excma. Corporacion de su digna presidencia exponen:

Que para perpetuar la memoria de los insignes ferrolanos Pablo Iglesias Posse y Don Ramón Franco Baamonde, proponemos se dé el nombre del primero a la calle denominada Rua Traviesa, y el del valiente aeronauta, a la que actualmente se llama Rua Nueva. Al proponer el nombre del venerable y fallecido apostol del socialismo para la Rua Traviesa, lo hacemos en atencion a encontrarse situada la Casa del Pueblo en el litoral de la misma.

De este modo, la hidalga y antigua capital de Galicia honrará, aunque modestamente, la memoria y el recuerdo de estos dos gallegos ilustres que han sabido inmortalizarse: el primero dedicando por entero su incorruptible vida de austeridad y nobleza a la santa causa de los oprimidos, y el segundo marcando con su valiente hazaña, al terminar felizmente el arriesgado ”raid“ Palos-Buenos Aires, una efemérides gloriosa en nuestra historia.

Es deseo que por ser noble, justo y colectivo, y estar desprovisto de todo sectarismo, esperamos ver pronto satisfecho, por la simpatía, buen acogimiento y favorable resolucion de que, indudablemente, será objeto en el seno de esa Excma. Corporacion de su digna y merecida presidencia, cuya vida deseamos se le prolongue por muchos años.

Casa del Pueblo de Betanzos, 14 de Marzo de 1926 El Presidente [Bernardo Miño] El Secretario [Ramón Beade Méndez]”.

A tan arriscada pretensión(70), por máis que se dulcificase cunha brillante retórica, o Concello (sesión do 9-VI-1926), presidido por Don Emilio Romay Montoto, respostou cunha diplomática negativa:

“... La Excma Corporacion acordo por unanimidad que se tome en consideracion, y que se tenga en cuenta para el momento en que se acuerde la apertura de nuevas vías municipales, por no cambiar el nombre de las actuales calles, a cuyo acuerdo se opusieron los Sres. Ramos Lacaba y Sanchez Suarez, habiendose adoptado con el voto en contra de los mismos...”

Evidentemente, non sabía este Concello que pronto habería ocasión para levar á realidade algunha destas propostas, posto que a Segunda República estaba cerca.

As rúas da Segunda República triunfante

Cando a Segunda República chega o 14 de abril de 1931 todo semella cambiar e en Betanzos será o concelleiro Don Francisco Castro Bouza quen presente a ”moción“ correspondente o 24 de xuño, para o ”cambio de nombre de determinadas calles de la Ciudad“(71).

A primeira, como é de esperar, é a de Pablo Iglesias para a Rúa Travesa. Mantense a idea de 1926, aínda que xa se esquenceron de Ramón Franco. A seguinte era a de Fermín Galán para a da Ribeira, e, por último, a de García Hernández para a do Valdoncel. Como se ve, no método e no espírito hai unha gran semellanza co lonxano Trienio Constitucional. Son nomes políticos, que se elevaron en toda España á categoría de símbolos para o novo réxime e, naturalmente, serán repetidos nun sinfín de cidades.

A moción é verbal e a resolución rápida: quedan aceptados os novos nomes co voto en contra de Don Manuel Villuendas Pena.

Villuendas Pena non é que se opuxese políticamente, senon que el pretendía outra ubicación para o nome, como se demostra cando ó pouco tempo (sesión de 30-VI-1931) propón a vella idea de facer na parte da explanada do ferrocarril, agora adicada a campo de deportes, ”un parque que lleve el nombre de Pablo Iglesias“(72). O parque construirase efectivamente, pero non a todo o mundo contentou. Por iso cando o burro ”dos do Patín“ decidiu cruzar a Ponte Nova e comer os mirtos que había na entrada co ano ”1932“ (o que, por certo, supuxo unha multa) algúns sentíronse especialmente gratificados co incidente. Non hai que esquencer, por outra parte, que a desaparición do ”Campo de Deportes“ en favor do parque implicaba deixar á cidade sen campo de fútbol, cuestión que somente se solventará nos anos 40 cando o ”Batallón de Transmisiones“, mandado por Don José Mª González Aller, constrúa un no solar do actual Instituto de Formación Profesional(73).

As rúas da era de Franco

Resulta curioso que, despois dos ”paseados“ e fusilados republicanos que houbo na cidade, entre eles dous alcaldes (Don José Novo Rodríguez e Don Tomás López da Torre), permitiran os nacionais que permaneceran os nomes da República nas rúas ata 1938. Pero se ve que era para eles unha cuestión menor e, polo tanto, esperaron a que a guerra estivese próxima a rematar.

Nese ano, o 18 de abril, o Alcalde, Don Juan Jesús García Iribarne, co selo aínda da ”Alcaldía Constitucional“ da República, asina unha moción que a Corporación acepta, ”en orden a que las calles de la Ribera, Valdoncel y Ruatraviesa que en virtud de acuerdo del Ayuntamiento republicano venían denominándose de Fermín Galán, García Hernández y Pablo Iglesias, vuelvan a ostentar sus primitivos nombres, y a cuyo efecto se encarguen las oportunas placas, para situarlas en los lugares convenientes, a fin de que se sepa y conozca públicamente su verdadera denominación...“

Pero non era previsible que as cousas quedasen así e xa o 17 de xuño dese 1938 o Concello acordou por unanimidade ”que la Plaza de la Constitución de esta ciudad, se denomine del General Franco, en atención a la simbólica personalidad que representa en la nueva España, y que se encargue al efecto una placa en condiciones apropiadas donde se inscriba dicha denominación“. Despois do pertinente permiso do Gobernador Civil, serán os concelleiros Don Gonzalo González e Don Santiago Moretón Simón os encargados de mercar a placa de mármol.

Durará este nome, que nunca foi popular, ata 1983 en que se sustituiu por ”Praza da Constitución“, sendo Alcalde o socialista D. Antolín Sánchez Presedo.

Os seguintes cambios, na liña do réxime triunfante, serán os que afecten á Rúa Travesa e ás súas travesías, que levarán o nome do símbolo por excelencia da propaganda franquista: José Antonio Primo de Rivera. Un nome posto entre 1946 e 1950, nos primeiros anos da alcaldía de Don Tomás Dapena(74), que non chegou a desplazar ó de toda a vida.

Por último, e xa na zona nova, no ensanche cara ó Sul, tamén se puxeron nomes en liña co réxime. É a Avenida Fraga Iribarne e as rúas: Emilio Romay, Alcalde Tomás Dapena, Alcalde Beccaría, General Julio Pérez Salas. En certo modo entra neste contextoa a rúa do franciscano Padre Francisco Blanco: non esquenzamos que algúns exaltados republicanos queimaran San Francisco no 1936...

A chegada da democracia supón cambios progresivos ata chegar ó nomenclátor vixente de 1995, pero é moi cedo aínda para facer unha análise do que significan.

IV.-CONCLUSIÓNS

É evidente que a aparición do réxime liberal crea cambios importantes nun nomenclátor ata daquela moi pouco dinámico. E ese novo espírito chega ata nós. A patir de 1812 a lei de acción e reacción pode aplicarse, en certo modo, ó problema aquí exposto. A unha acción agresiva (un cambio de nomes motivado polo triunfo dun partido político dado) hai que esperar outra semellante e de signo contrario cando os que triunfan son os inimigos. É un movemento pendular que, naturalmente, só podía ter sentido agora cando na política nacional existen os partidos políticos e a conseguinte confrontación entre eles.

O interesante, pois, é ver que pasou a partir dese ano de 1812. Pois ben, en primeiro lugar e a pesar de todo, constátase na longa duración unha forte tendencia a permanecer os nomes tradicionais. Os cambios conxunturais, por moito oficialismo que teñan, poucas veces chegan a borrar na memoria da xente os antigos. Isto, naturalmente, está favorecido polo pouco tempo que duraron as etapas políticas, sobre todo no s.XIX. E aínda no XX, os corenta anos de Franco non chegaron para sustituir na costume do pobo nomes como Rúa Travesa por Calle de José Antonio Primo de Rivera, ou A Plaza, por Plaza del General Franco...

Por outra parte, tanto en Betanzos coma noutras cidades, detéctanse (sobre todo no s.XX) escritores que pasan rapidamente de estudiar as rúas a defende-los seus nomes tradicionais. En Betanzos xa se ocupara do tema con ánimo crítico e reformador D. Juan Gómez Navaza no 1890, pero sería Don Francisco Vales Villamarín o pioneiro no estudio científico dos nomes ben andado o s.XX, aínda que non chegara a sistematizar os seus estudios nunha obra de conxunto... Na Coruña, por poñer outro exemplo próximo, destacaron neste empeño: Félix Estrada Catoira, Ángel del Castillo, Juan Naya Pérez, Carballo Tenorio...

En resume, poucos deses cambios conxunturais permanecen e menos desde que chegou a democracia a partir de 1975 e coa consolidación do réxime das autonomías, consagrado na Constitución de 1978, que favoreceu os estudios locais.

Agora, non só os estudiosos, senon tamén unha gran parte do pobo ve natural que as rúas teñan os nomes de toda a vida e, basicamente, así se levou a cabo no 1995. Somente hai que facer unha consideración: eses nomes xa non responden completamente ó espírito que os fixo nacer. A súa importancia engadida hoxe está no feito de conter unha información histórica, algo que ten valor no tempo do turismo cultural e do retorno ás raíces, por contraposición ós vertixinosos avances da técnica. Pero, por suposto, a Rúa dos Ferreiros xa non ten ferreiros, nin a dos Sombreireiros ou a dos Ferradores estes oficios. Tampouco a da Pastelería ten este establecemento, etc.

Hai que dicir ademais que, se ben se rescataron os nomes antigos para as rúas vellas, o vello espírito popular non se conserva cando se trata de nomear rúas nacentes. Neste caso, a nadie se lle ocorre poñer hoxe, por exemplo, R. da Discoteca, R. do Supermercado, R. do Museo, R. dos Fotógrafos, R. do Cine ou R. dos Bancos... Polo tanto, o que permanece é o espírito que iniciara a Constitución de Cádiz, de tal maneira que tenden a poñerse nomes de persoeiros, xa sexan políticos, militares, benefactores ou intelectuais. O matiz político, de tódolos xeitos, adoita ser preeminente, directa ou indirectamente, posto que son políticos, por máis que o fagan no nome do pobo, os que oficializan eses nomes. 


NOTAS

(1)GONZÁLEZ, Julio. Alfonso IX. Madrid, CSIC, 1944, t. II, doc. 369, pp. 481-483.

(2)Desas estructuras castrexas hai que suliñar o gran corte inicial que se fixo para illar polo sul o castro, posto que polo resto xa estaban os ríos Mendo e Mandeo para cumprir esa función. Este corte é típico dos castros costeiros e hoxe aínda pode verse perfectamente, posto que por el corre a Rúa da Fonte de Unta, chamada no 1219 vallem antiquam (camiño vello e fondo), vía romana que viña da costa cantábrica, atravesando a tamén romana Pontem de Untia (hoxe a súa herdeira é a Ponte Vella). Unha vía que logo sería camiño xacobeo.

(3)ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo. ”As rúas de Betanzos: Introducción ó seu coñecemento“. En: Anuario Brigantino 1985, nº 8, Concello de Betanzos (A Coruña), 1986, pp. 43-76. Este traballo foi un primeiro achegamento sistemático ó tema e evítame afondar en cuestións alí ditas. Nado dun informe que me pedira o Concello, serviulle a este de base para a recuperación dos nomes antigos no chamado casco histórico.

(4)GARCÍA ORO, José. “Betanzos en la Baja Edad Media”. En: Anuario Brigantino 1984, nº 7. Betanzos (A Coruña), Concello, 1985, pp. 21 e ss. Aquí (p. 30) se documenta un pleito entre a parroquia de Santiago e a de Santa María pola pretensión de ser cada unha delas a única autorizada a ter un mercado. A decisión dos tribunais (1509) de que o único mercado propiamente dito era o de Santiago, aínda que en Santa María podían existir tendas nas casas e xunto á igrexa, só supuxo que o pleito continuase.

(5)Empezo por utilizar un “Repartimiento del dos por ciento de la salbaxina del ano de 1643” do Arquivo Municipal de Betanzos (=AMB, c. 1642), así como outro“Repartimiento por menor de las tres quartas partes de otaba en las espeçias de bino, binagre y aceite...” do 1660 (AMB, c. 1643). A eles me referirei desde agora somente co ano, como tamén cando se trate do Catastro de Ensenada de 1751, da Contribución de Utensilios de 1824 (AMB, c. 1678), dos Expts. de nomenclátor de 1836, 1855... (AMB, c. 904), ou do “Padrón General de Almas” de 1865 (AMB, c. 228).

(6)Xa no s.XIV se fala do alfolí de Betanzos, como gran almacén de sal, o mellor de Galicia según di Molina no 1550. No s.XVIII chegou a haber doce alfolís e neles despachábase arredor do 15% do sal consumido en Galicia... MEIJIDE PARDO, Antonio. “Aspectos de la vida económica de Betanzos en el siglo XVIII”. En: Anuario Brigantino 1991, nº 14, Concello de Betanzos (A Coruña), 1992, pp. 51 e ss. Tamén, VEIGA FERREIRA, Xosé Mª. “O Alfolí e outras historias”. En: 1994 [Programa de festas da] Octava da Ribeira, Betanzos (A Coruña).

(7)Arquivo da Igrexa de Santiago de Betanzos (=AISB), libro 1º de “pertenencias” da “Cofradía del Clero”, 3ª.

(8)AMB, c. 4386.

(9)AMB, c. 515.

(10)“... horno que está sito en el barrio de la Fuente de Unta y calle del Hospital de ella que se dice do Cano... ”Protocolo do notario de Betanzos Mateo Arias da Cal, 1670. ARG, leg. 52, segundo nota de D. Francisco Vales no AMB, c. 4386.

(11)“... una casa que... tiene en la guerta de la fuente dunta adonde dizen la canota...” Protocolo do notario de Betanzos Alvaro Vázquez, 1605, fº 126, segundo nota de D. Francisco Vales no AMB, c. 4386.

(12)“Libro viejo” de escrituras da Cofradía do Clero, fº 156. AISB, c. 2.1.14.

(13)Arquivo da Igrexa de Santa María de Betanzos. Libro de misas de fundación. Notas de D. Francisco Vales. AMB, c. 4386.

(14)MARTÍNEZ SALAZAR, Andrés. Algunos temas gallegos (cap. “La beneficencia en Betanzos en los siglos XVI, XVII y XVIII”. La Coruña, Gráficas do Castro/Moret, 1981 (1ª ed. 1948).

(15)“Libro viejo” de escrituras da Cofradía do Clero, fº 112 v. AISB, c. 2.1.14.

(16)“En la ciudad de betanços a 11 de diciembre de 1658... Diego Reimóndez de Andrade y Figueroa y doña Juana Díaz de Puço y Aguiar, marido y muger, vecinos de la dicha ciudad en la pescadería della... la cassa que ella tiene por su cabeça dentro de la dicha ciudad a entrar por el canpo de la Feria para dentro de dicha ciudad a la mano hesquierda della aRimada a su muralla entre casas la una de don Antonio [?] Freire y Andrade que bibe en la feligresía de orto por açia la parte de la rua nueba y por la parte de la puerta de dicha ciudad con cassa y tienda en que bibio Juan Pulleiro [?] das Seixas notario y bibe su muger viuda en lo alto y en lo terreno tiene su tienda de paños Andrés García mercader y açe presente la deste poder a las cassas del Regidor don alvares de gondín y a la calle do Castro la qual por hestar arrimada a dicha muralla tiene pension de dicha ciudad y es conosçida y pension perpetua”. Nota de D. Francisco Vales Villamarín sobre protocolo do notario Juan Sanjurjo. AMB, c. 4386.

(17)ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo. “... Afonso de Carvallido: un mercador betanceiro do s.XV cabecilla dos irmandiños”. En: Anuario Brigantino 1984, nº 7, Concello de Betanzos (A Coruña), 1985, pp. 14-18.

(18)Notas de D. Francisco Vales Villamarín, AMB, c. 4386.

(19)Notas de D. Francisco Vales Villamarín, AMB, c. 4386.

(20)Arquivo da Igrexa de Santiago de Betanzos. “Libro de Fundaciones de la Congregación del Clero”, táboa de misas, fº 172.

(21)“... la su casa... sita en la calle que biene de la puerta del canpo de la feria por la parte de dentro para la puentebiexa de esta ciudad que dicen se solía llamar la calle de dona mencía segun de una parte testa y afirma sobre la çerca de la dicha ciudad frente del hospital de nuestra senora nunçiata... y por la parte delantera hesta frente de la casa que fue de Fernán Reymondez...” «Libro viejo» de escrituras da Cofradía do Clero, fº 108 v. AISB, c. 2.1.14.

(22)Notas de D. Francisco Vales sacadas do libro 1º e 2º de «pertenencias da «Congregación del Clero» (Arquivo da Igrexa de Santiago de Betanzos), así como protocolos de Pedro Manzanas. AMB, c. 4386.

(23)VALES VILLAMARÍN, Francisco. «Las antiguas rutas jacobeas del territorio brigantino, IV itinerario». En: La Coruña, paraíso del turismo, 1975.

(24)“... su casa en que al presente vibe sita en la calle de los Herradores de dicha ciudad frente el convento de santo domingo della”. Arrendamento de Alonso García... 1652. Como «Rrua de los Herradores» aparece no arrendamento de Domingo Carro... 1663. AMB, c. 4386.

(25)Como «calle de los ereros» vémola neste 1664 nun doc. do AMB, c. 4386.

(26)AISB, «Libro viejo de escrituras de la Cofradía del Clero», fº 146.

(27)“Foro de una cassa que tienen en la calle de entre los lagares que ba del dicho Barrio [«Puente Bieja»] para el rrío de Caraña...” Nota de D. Francisco Vales Villamarín sobre protocolo do notario Juan Sanjurjo. AMB, c. 4386.

(28)“Calle de las Moas que testa con el cano e casa de Juan Rº pedrero e por delantera en la calle que ba para San Francisco e casa de Domingo Nunez...” Nota de D. Francisco Vales Villamarín sobre protocolo de 1596. AMB, c. 4386.

(29) «Consentimiento de venta» dunha casa (1601) e venda doutra no 1602. Documentos de 1620 e 1631 tamén conteñen ese nome. AMB, c. 4386.

(30)“... de pedro de gayoso clerigo cuya hes la sincura patrimonial de las dos noas de san martino de tiobre...” (1605). “Citaciones y notificaciones para los apeos de las noas de tiobre y bienes de la ciudad de Betanzos” (1606). Notas de D. Francisco Vales Villamarín sobre protocolos de Betanzos do notario Alonso Vázquez. AMB, c. 4386.

(31)Arrendamento de Pedro de Babío e a súa muller... 1633. AMB, c. 4386.

(32)«Libro viejo» de escrituras da Cofradía do Clero, fº 32v. AISB, c. 2.1.14.

(33)“... sobre la casa en que al presente vive... que esta sita a la entrada de la rrua nova...” [1612]; «... calle que ba de la puerta del orro a la rrua nueba» [1691]. Notas de D. Francisco Vales sobre os libros da «Cofradía del Clero («viejo», fº 151v., «fundaciones», nº 56, AISB), AMB, c. 4386.

(34)Notas de D. Francisco Vales Villamarín, AMB, c. 4386.

(35)Arquivo da Igrexa de Santiago de Betanzos, libro V de cabildos da «Cofradía del Clero», fº 130v.

(36)“... las tiendas de la puerta de la villa en los Soportales de la cassa en que bibia...” Protocolo. AMB, c. 4386.

(37)Contas de propios e arbitrios, ano 1688. AMB, c. 1644.

(38)AMB, c. 515.

(39)VALES VILLAMARÍN, Francisco. «Privilegio de Enrique IV concediendo a Betanzos el título de ciudad y confirmación por el propio monarca de esta importante merced». En: Boletín de la Real Academia Gallega, Documentos Históricos, t. IV. La Coruña, 1976.

(40)A «ynsignia del Rollo» existía desde logo no 1817, cando se fala dela, situada á beira do «Camino que ba para las Casacas y Roybeira», no lugar da Penela. Mesmo se indica que «Francisco Pardo y sus herederos han de conserbar en pie y en el ser y estado que tiene hoy dia la Ynsignia del Rollo, sin escarbar sus cimientos de modo que sea causa de su ruina, por ser una de las antiguas de esta Ciudad que deve permanecer». «Foro del Campón del Rollo», AMB, c. 4386.

(41)“... Calejon que ba desde la calle de arriva por junto a la casa que fincó de Antonio Rodriguez para el Río en el Calejon de la Rueda”. «Cuenta tomada a Pedro Medal», 1654. AMB, c. 4386.

(42)«Libro viejo» de escrituras da Cofradía do Clero, fº 152. AISB, c. 2.1.14.

(43)Notas de D. Francisco Vales Villamarín, tomadas do Arquivo da Igrexa de Santa María de Betanzos, «Razón comprensiva de las misas de fundación...», 21-XI-1739. AMB, c. 4386

(44)AMB, c. 4386.

(45)Notas de D. Francisco Vales Villamarín, referidas ó notario eclesiástico Francisco José Rubio en documento do 28-XII-1739. AMB, c. 4386.

(46)Notas de D. Francisco Vales Villamarín, AMB, c. 4386.

(47)"Libro viejo» de escrituras da Cofradía do Clero, fº 158v. AISB, c. 2.1.14.

(48) AMB, c. 4386.

(49)GONZÁLEZ, Julio. Op. cit.

(50)MARTÍNEZ SANTISO, Manuel. Historia de la Ciudad de Betanzos. Betanzos, 1892 (facsímil editado pola Deputación Provincial no 1987).

(51)VALES VILLAMARÍN, Francisco. «Don Pedro de Agar y Bustillo: algunos subsidios para su biografía». En: Boletín de la Real Academia Gallega, La Coruña, 1951.

(52)No 1820 os rexidores Gregorio Edreira e Pedro González Espiñeira, «encargados de la Policía del Pueblo», foron insultados por Juan González Barallobre e Crisóstomo do Hermo, polos malos procedementos na limpeza das ruas e, sobre todo, pola «determinación de cerrarse el Callejón que vaja de la Calle de la Ruanueba a la de Porlier Camino Real». Oficio dos rexidores ó Concello (25-VIII-1820), AMB, c. 4386.

(53)"Causa contra los Cabos Victoriano Leira, Fernando Nobo, y Antonio Vigo sobre borrar las ynscripciones puestas en algunas de las calles de esta ciudad, con los nombres de Lacy, Porlier, Acebedo, y Quiroga». O escribano de nº do Concello que incia o expte. é Don José de Martín y Andrade e o primeiro documento é de Don Juan García Fernández «Rexidor decano del Aiuntamiento... que como tal administra Justicia por yndisposicion del Sr. Alcalde primero [ D. Juan Ygnocencio Martínez González y Hermida, que deixa de ser Alcalde antes do 9 de xaneiro de 1821] y ocupacion del segundo [D. Gabriel Pita da Veiga]». Estas ausencias dos primeiros mandatarios deben considerarse como sospeitosas en principio... AMB, c. 4386.

(54)Ibidem, fº 2v-3v.

(55)Ibidem, fº 4rv.

(56)Ibidem, fº 22rv.

(57)«Relacion difinitivamente [sic] ultimada y comprensiva del número de Lapidas, del de Casas, ó Edificios, números pares, impares y accesorios que debe contener cada una, con el nombre que de antiguo tenian las Calles y Lugares, y el que tendran á lo subcesivo, segun se espresa en la sesta casilla, que es conforme deben venir las Lapidas»

(58)Don Manuel Roldán y Gil fora Conde de Taboada (25-XII-1763 // 24-XI1832), coronel de milicias provinciais, etc. A pesar de ser noble, é claro que estamos diante dun home de talante liberal, posto que foi «Alcalde 1º Presidente» da cidade no 1814 (do 14 de febreiro ó 12 de xullo) e no 1823 (só uns días de principios de xaneiro). Por outra banda, hai que suliñar que unha das súas fillas, Dona Francisca, casara nada menos que con Don Pedro de Agar y Bustillo, Presidente da «Junta Suprema de Galicia» no Trienio Constitucional.

(59)GÓMEZ NAVAZA, Juan. Art. sobre o cambio dos nomes das rúas no periódico local El Mendo, 1890, nº 76, AMB.

(60)Un pouco antes documéntase (Actas Capitulares do 19-VIII-1873) o nome de sabor romántico, Calle del Desengaño, na travesía da Rúa Travesa que baixa pegada ó cemiterio de Santa María (o «desengaño» é unha alusión á brevedade da vida, representada por ese cemiterio). Outro nome de estilo semellante foi o que recolleu D. Paco Vales oralmente (de José Mª o zapateiro) para a rúa que se fixo na década de 1870 entre a de San Francisco e a Ribeira: Calle de la Sospecha. Neste caso debía referirse a ese lugar como sospeitoso, por escuro e rodeado das ruinas do recentemente derrubado mosteiro de San Francisco, propicias quizais para ladróns.

(61)ERIAS MARTÍNEZ. Op. cit.

(62)ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo. «Achegada do ferrocarril a Betanzos». En: Anuario Brigantino 1983, nº 6, Concello de Betanzos (A Coruña), 1984, pp. 85 e ss.

(63)AMB, Libros de actas capitulares.

(64)FUENTE GARCÍA, Santiago de la. Voz «García Naveira» da Gran Enciclopedia Gallega.

(65)AMB, c. 4386.

(66)«Año 1923. Moción del Concejal Sr. Pérez Vales á fin de construir un parque en el Relleno del Puentenuevo ó explanada». AMB, c. 594.

(67)AMB, c. 904.

(68)O avión, un bimotor Dornier Wall, tiña moi pouca autonomía de vó. A tripulación estaba composta polo comandante Ramón Franco, o capitán Ruiz de Alda, o teniente de navío Durán e o mecánico Rada. Saíron o 22 de xaneiro de 1926 e, despois de numerosas escalas (Gran Canaria, Cabo Verde, Fernando de Noronha, Recife, Río de Janeiro, Montevideo, etc.) chegaron a Bos Aires o 10 de febreiro.

(69)No 1927 figura como Calle de Alfonso XIII, o Rei que «por el desarrollo de su industria y su constante adhesión a la Monarquía» concedera ó Concello o tratamento de «Excelencia» (Actas Capitulares, 17-XII-1912).

(70)Don Bernardo Miño Abelenda foi o primeiro socialista en ser concelleiro, aló polo 1909. Será «paseado» no 1936. Don Ramón Beade Méndez será Alcalde na Segunda República nas etapas 30-V-1933 // 18-X-1934 e do 22-II ó 25-IV de 1936; foi tamén deputado a Cortes, o primeiro na Historia de España coa profesión de agricultor.

(71)AMB, c. 904.

(72)«Año 1931. Expediente instruido en virtud de acuerdo de la Excma Corporación de convertir en parque el actual Campo de Deportes...» AMB, c. 394.

(73)Agradezo a Don Marcelino Álvarez estes datos.

(74)O 4 de febreiro de 1946 foi nomeado Alcalde en propiedade.

[véxanse imaxes no traballo publicado no Anuario Brigantino 1995, nº 16]